A continuación os dejo las orientaciones que proporcionan en la ABAU para redactar el resumen.

RESUMO OU ESQUEMA:

O propósito é ou ben que o alumnado demostre a súa capacidade de síntese producindo un novo texto que reduza a información contida no fragmento sen afectar ao contido global (resumo) ou ben, se o prefire, que demostre a súa capacidade de análise extraendo e xerarquizando as ideas principais (esquema). A través da lectura tanto do resumo como do esquema, alguén que non lese o texto debería poder saber de que trata e cales son as ideas principais. O resumo non debe conter valoracións, opinións ou ideas propias que non procedan do texto. Aplicaranse ademais penalizacións por non axustarse ás condicións básicas dun resumo: por non plasmar con expresión propia as ideas do texto descontarase ata a metade da puntuación (non é aceptable copiar literalmente fragmentos ou párrafos do texto); cando a extensión resulte impropia dun resumo poderase descontar tamén ata medio punto. SOBRE A EXTENSIÓN, NON PARECE APROPIADO SINALAR UN NÚMERO DE PALABRAS, PERO O TAMAÑO DO RESUMO DEBERÍA OSCILAR ENTRE UN TERCIO E UN CUARTO DA EXTENSIÓN DO TEXTO QUE SE RESUME.

 O esquema deberá ordenar as ideas e xerarquizalas, incluíndo as principais e as secundarias. Empregaranse esquemas nominais e non oracionais para cada un dos epígrafes. Aplicaranse tamén penalizacións por non axustarse ás condicións básicas dun esquema: por non concretar axeitadamente as ideas poderase descontar ata medio punto; o mesmo por non relacionalas axeitadamente.


 

En la siguiente página web encontrarás más material para preparar el resumen: Aquí